AFOGAL

Asociación de fagotistas e oboístas de Galicia

AFOGAL

AFOGAL

AFOGAL é a asociación de fagotes e óboes de Galicia.

Ler máis

O Congreso

No pasado mes de xaneiro do 2018 tivemos o noso primeiro congreso galego de fagot e óboe. E estamos xa a preparar o que será o segundo congreso AFOGAL, desta volta en marzo na Cidade de Lugo

Máis información
O Congreso

1º Concurso de Fagot

Neste 2019 celebraremos o 1º Concurso de fagot AFOGAL

O 16 e 17 de marzo na cidade de Lugo

Máis información

Asóciate!

AFOGAL é a asociación de fagotes e óboes de Galicia. A AFOGAL quere xuntar a forza de todas e todos os fagotistas e oboístas de Galicia para conseguir chegar máis lonxe, para sumar máis e para facer mellor, para que se nos vexa máis pero tamén para que se nos escoite máis. AFOGAL quere que compartamos, que intercambiemos maneiras de ver e maneiras de tocar.

Dende AFOGAL estamos a traballar en diferentes actividades que permitan todo o anterior nas que están a realización de un congreso anual, crear un boletín onde poidamos coñecer todo o relacionado cos fagotes e os óboes, en Galicia pero tamén fóra. A creación dunha orquesta de fagotes e óboes, organizar cursos, concursos, etc…

Pero para iso precisámoste. Necesitamos contar contigo para poder levar a bo porto todas estas ideas.

AFOGAL tamén és ti. Únete!

Faite soci@
Asóciate!

Contacta con nós

Manda as túas preguntas ou suxerencias

Email :

infoafogal@gmail.com

Address :

Rúa da Banda de Lalín Nº10

Cp 36500 Lalín

Pontevedra

Colaboran con nós