1º Concurso de fagot AFOGAL
A Asociación de Fagotistas e Oboístas de Galicia ten o pracer de anunciar o I Concurso AFOGAL 2019 para fagotistas.
Esta nova actividade realizarase anualmente coincidindo coa celebración dos Congresos. O concurso será alternante, comezando este ano polo fagot. Correspondéndolle ao ano seguinte participar aos oboístas e así sucesivamente nas celebracións vindeiras.
Lista definitiva de admitidos para o I Concurso de fagot AFOGAL
Categoría J. Weissenborn:
1- Folgueiras Louzao, Manuel Luis
2- Redondo Romero, Daniela
3- Sánchez Veiga, Daniela Haiwen
4- Vilanova Dadín, Leo
Categoría L. Milde
1- Díaz Traves, Nicolás
2- Fernández Arias, Anxo
3- Losada Burgo, María
4- Seoane Sesar, Diego
– Calquera reclamación deberá facerse enviando a través do correo infoafogal@gmail.com
– Esta NON será a orde definitiva dos participantes no concurso, a orde coñecerase no mesmo momento que empece o concurso mediante un sorteo.
– Os horarios tanto do Concurso como do Congreso coñeceranse ao longo desta semna.
– E os horarios coa pianista e a cellista coñeceranse o 7 de marzo.
BASES
1. CATEGORÍAS
O concurso estará aberto a todos os socios de AFOGAL e dividirase en dúas categorías:
Categoría J. Weisserborn: Para os nacidos a partir do 1 de xaneiro do ano 2004
Categoría L. Milde: Para os nacidos o 31 de decembro de 2003 ou antes.
2. LUGAR E DATAS DE CELEBRACIÓN
O concurso terá lugar os días 16 e 17 de marzo no auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo situado na Ronda Músico Xosé Castiñeira, nº 5, 27002, Lugo; e a final da Categoría L. Milde no Círculo das Artes de Lugo situado na Praza Maior, nº 23, 27001, Lugo.
CALENDARIO:
- 22 de febreiro: Data límite de inscrición.
- 25 de febreiro: Publicación da lista provisional de admitidos.
- 1 de marzo: Publicación da lista definitiva de admitidos.
- 4 de marzo: Data límite de presentación do xustificante bancario da inscrición.
- 15 e 16 de marzo: Ensaios co pianista e cellista acompañantes.
- 16 de marzo: Ronda preliminar do concurso da Categoría L. Milde.
- 16 de marzo: Concurso da categoría J. Weissenborn.
- 17 de marzo: Final da Categoría L. Milde. (Círculo das Artes de Lugo)
3. FASES E REPERTORIO
O acto de presentación do concurso e a recepción dos participantes terá lugar no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o sábado 16 de marzo, coincidindo co inicio do congreso.
O día anterior, venres 15 de marzo, terán a oportunidade de ensaiar a obra clásica co pianista e a obra barroca co cellista os/as candidatos/as que así o soliciten previamente a través do correo electrónico infoafogal@gmail.com . Os horarios dos ensaios serán determinados con anterioridade e postos en coñecemento dos participantes o día da publicación da lista definitiva de admitidos a través da web da asociación. www.afogal.org .
CATEGORÍA J. WEISSENBORN
1ª OBRA, unha obra barroca a escoller entre:
- L. Merci, Sonata en Sol menor Op. 3 nº 4.
- J. Besozzi, Sonata en Si bemol Maior. (1º e 2º movemento)
- B. Marcello, Sonata en Mi menor. (1º, 3º e 4º movemento)
Esta obra será acompañada con violoncello.
2ª OBRA, unha obra a escoller entre:
- J. Weissenborn, Capriccio para fagot e piano Op.14.
- G. Raphaël, Berceuse para fagot e piano.
- P. Lantier, Danse Bouffonne para fagot e piano.
- E. de Coriolis, Petite Pièce en Mi menor para fagot e piano.
Esta obra será acompañada con piano.
CATEGORÍA L. MILDE
PRESELECCIÓN
Esta fase consistirá na elaboración dun vídeo dunha duración máxima de 3 minutos dunha obra/movemento/fragmento de libre elección para enviala antes da data límite de inscrición (22 de febreiro) a través da formulario de inscrición da web: www.afogal.org ou a través do correo electrónico: infoafogal@gmail.com.
RONDA PRELIMINAR
1ª OBRA, unha obra de libre elección a escoller entre:
- Obra para fagot só.
- Un estudio de concerto (para fagot só).
2ª OBRA, unha obra barroca a escoller entre:
- A. Vivaldi, Sonata en La menor RV 44 (Orixinal para violonchelo e continuo). (1º, 2º e 4º movemento)
- G. P. Telemann, Sonata en Fa menor para fagot e continuo, TWV 41:f1. (1º, 2º e 4º movemento)
- M. Corrette, Les Delices de la Solitude, Sonata No. 1 en Re menor para fagot e continuo.
Esta obra será acompañada con violoncello.
3ª OBRA, unha obra a escoller entre:
- W. A. Mozart, Concerto en Si bemol Maior para fagot e orquestra Kv. 191 (1º e 2º movemento sen cadencias).
- C. M. von Weber, Concerto en Fa Maior para fagot e orquestra Op. 75 (1º e 2º movemento).
Esta obra será acompañada con piano.
FINAL
- J. Durán, Suite para fagot e piano (2015).
Esta obra será acompañada con piano.
AFOGAL e o propio compositor proporcionan a obra directamente e gratuitamente. Pódese solicitar a través do correo electrónico: infoafogal@gmail.com ou www.juanduran.gal/contacto .
4. INSCRICIÓNS E LUGAR DE PRESENTACIÓN
As inscricións poderán realizarse a través de dúas vías:
- A web oficial de AFOGAL, www.afogal.org , dentro do apartado “1º Concurso de fagot AFOGAL” onde se deberá cubrir a solicitude de inscrición; e no caso da categoría L. Milde, adxuntar unha copia da partitura de libre elección e o vídeo de preselección.
- Ou enviando a documentación ao correo electrónico de AFOGAL, infoafogal@gmail.com , a documentación constará da inscrición, que podes descargar aquí, debidamente cumprimentada e firmada; e no caso da categoría L. Milde, adxuntar unha copia da partitura de libre elección e o vídeo de preselección.
Data límite de presentación: 22 de febreiro.
Para os/as que sexan finalmente seleccionados, deberán realizar un ingreso de 10€ se se presentan na categoría J. Weisserborn; ou 20€ na categoría L. Milde en concepto de dereitos de inscrición, especificando como concepto: Inscrición Concurso AFOGAL 2019 e o “nome do participante”; na seguinte conta:
Caixa Rural Galega: ES31 3070 0047 9262 2640 1724
Posteriormente enviarase o xustificante bancario ao correo electrónico infoafogal@gmail.com .
Data límite de presentación do xustificante bancario da inscrición: 4 de marzo.
Esta cantidade non será reembolsable no caso de non asistir ao concurso.
Notificarase aos interesados por correo electrónico a admisión das súas solicitudes.
5. PREMIOS
- Categoría J. Weisserborn:
Primeiro premio:
-
- Concerto de solista cunha agrupación bandística u orquestal
- Un cheque regalo de 250 € para a adquisición de produtos musicais a repartir nas seguintes tendas patrocinadoras do concurso:
Ritmo Minucias
Valero-Reeds
-
- 5 Lingüetas rematadas para estudantes Puchol-Reeds
Segundo premio:
-
- Un cheque regalo de 100 € para a adquisición de produtos musicais na seguinte tenda patrocinadora do concurso:
Ritmo Minucias
-
- 3 Lingüetas rematada para estudantes Puchol-Reeds
- Categoría L. Milde:
Primeiro premio:
-
- Concerto de solista cunha agrupación bandística u orquestal
- Un cheque regalo de 600 € para a adquisición de produtos musicais a repartir nas seguintes tendas patrocinadoras do concurso:
Zasmusic
Musical Pontevedra
-
- 10 Lingüetas rematadas para profesionais Puchol-Reeds
Segundo premio:
-
- Un cheque regalo de 300 € para a adquisición de produtos musicais a repartir nas seguintes tendas patrocinadoras do concurso:
Opera Prima
Berthelot
-
- 5 Lingüetas rematadas para profesionais Puchol-Reeds
6. DISPOSICIÓNS FINAIS
Todas as fases do concurso estarán abertas ao público. A organización resérvase o dereito de modificar calquera dos apartados destas bases por causa xustificada.
Así mesmo, todos os participantes, nas súas distintas intervencións, ceden todos os dereitos de imaxe e autorizan a que se empreguen nos diferentes medios de comunicación imaxes ou vídeos das actividades de AFOGAL nas que participe, os cales sempre serán usados con carácter informativo e divulgativo. Coa súa inscrición, os participantes aceptan o contido das presentes bases.
Podes descargar de aquí o documento de cesión de imaxes e adxuntalo no formulario de inscrición.
7. PATROCINADORES e COLABORADORES
Este concurso poderase levar a cabo gracias aos seguintes patrocinadores e colaboradores: